Luns, 28 Setembro 2020 | Marcos Fernández Pichel,

#40-Mancomún Podcast: Marcos Fernández Pichel, un dos gañadores do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre da edición 2019

Episodio 40

No portal de Mancomún, temos unha sección destinada ao Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre. Este Premio busca fomentar o achegamento dos universitarios galegos ao software libre, e á liberación dos proxectos Fin de Carreira, dos traballos Fin de Grao e dos traballos de Fin de Master.

Por certo, inda vos podedes apuntar ata o 2 de outubro

Marcos Fernández Pichel, un dos gañadores do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre da edición 2019

Hoxe temos nos micros de Mancomún a Marcos Fernández Pichel, un dos gañadores da edición 2019 xunto a Sergio Rodriguez Gayoso.

Enlaces mencionados no programa

– Premio ao mellor proxecto universitario libre
https://www.mancomun.gal/premiopfc/presentacion/

– Formulario de inscrición
https://www.mancomun.gal/premiopfc/formulario-de-inscricion/

– Bases do concurso
https://www.mancomun.gal/premiopfc/bases/

As músicas usadas neste programa foron:

– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Canción “Leavin The Lights” by Jason Shaw on Audionautix, CC BY 4.0
Music by Jason Shaw on https://audionautix.com/
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal