Novas

No portal de Mancomún difundíronse varios eventos como o hackathon universitario Hack UDC, o curso internacional de fabricación dixital Fab Academy, a charla de WordPress Coruña – A web polo tellado e o Workshop de GPUL School – Docker 101. Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi que A Fundación Linux anunciou o seu proxecto Proxecto AgStack, un conxunto de datos de campos agrícolas. Publicamos o Faladoiro Mancomún 2022 con Alba Mayoral, un novo programa de Mancomún Podcast: Nextcloud, con Pietro Marini e publicamos tamén, un novo artigo TIC sobre Aplicacións libres para Android: Bitwarden, xestor de contrasinais.

Proxecto destacado

Framadate é un servizo en liña que permite planificar unha cita ou evento, e a toma dunha decisión de forma rápida e sinxela, entre un grupo de persoas. Framadate baseouse inicialmente no software Studs desenvolvido pola Universidade de Estrasburgo. Hoxe en día, está desenvolvido pola asociación Framasoft. Non é necesario rexistrarse para usar o servizo. Soamente necesitas un navegador para crear a consulta e para respondela.

Pin It on Pinterest

Share This