O 15 de decembro, en horario de 19.30 a 21.00, terá lugar a meetup organizado por WordPress Coruña “A web polo tellado”, en WekCo (Novo Mesoiro, nº2 baixo, A Coruña).

Esta situación seguro que a atopas familiar:

Tes que lanzar unha páxina web e a correr instalas un WordPress, elixes un tema que che guste e instalas os teus plugins favoritos. E isto falo así independentemente do público ao que te dirixas, das particularidades do proxecto e dos obxectivos que teña o sitio.

Ah, que unha páxina web ten particularidade e obxectivos?

Pensa na túa web coma no teu fogar, a túa oficina, comercio ou local no que desenvolver a túa actividade profesional. Para crear un espazo no que queiras estar, útil e cómodo, e poder sacarlle un maior partido ao sitio, é preciso realizar unha planificación previa á súa creación coa que aforrarás tempo, esforzos e cartos.

Nesta Meetup poñeremos o foco sobre diferentes aspectos, que tanto se fas ti a túa web coma se lla encargas a alguén, deberías ter en conta á hora de ideala.

Aprende que debes facer antes de lanzarte a instalar ferramentas, da man de Sabela Muñiz. Sabela é creativa dixital, isto é, dá forma a ideas, proxectos ou deseños a través de gráficos, vídeos ou modelos 3D. Está centrada na transformación de contidos técnicos nun formato visual, ameno e cunha linguaxe que calquera poida entender. É membro da organización da WordCamp de Pontevedra e doutros grupos tecnolóxicos.

A continuación, e xusto ao finalizar o evento, teremos o noso habitual networking acompañado duns petiscos. É a nosa última Meetup de 2022, así que agardamos celebrala cun brinde por todo o alto para desexar a boa entrada a 2023. Apúntate, só hai 40 prazas!!

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This