HackUDC é un hackathon universitario que se celebra na Facultade de Informática da Universidade da Coruña os días 24 e 25 de febreiro.

Nesta edición poderás aprender novas tecnoloxías, coñecer xente interesante e sobre todo pasalo en grande.

Un Hackathon é un evento cheo de creatividade, tecnoloxía e xente apaixonada pola informática de todos os niveis e con aptitudes diversas. Durante un período concreto de tempo, os asistentes traballan en equipo para desenvolver aplicacións, xogos, robots… literalmente calquera cousa que se queira crear e aprender sobre iso.

HackUDC

HackUDC é o primeiro hackathon universitario da Universidade da Coruña. Esta é a primeira edición e o obxectivo deste evento é proporcionar un espazo para que os estudantes de todos os niveis poidan mellorar e aprender novas habilidades, coñecer xente incrible e pasalo en grande.

Deseña

Deseña o teu proxecto e elixe o equipo co que queres traballar. Non te preocupes se non tes un equipo. Axudarémosche a atopar á xente perfecta para o teu proxecto.

Programa

Programa o teu proxecto e aprende novas tecnoloxías. Non te preocupes se non sabes programar. Axudarémosche a aprender. O único requisito é que o proxecto teña unha licenza libre.

Desprega

Desprega o teu proxecto e compárteo co mundo. Expón a túa solución diante dun xurado cualificado. Os mellores proxectos teñen premios para os seus integrantes.

Máis de 1000€ en premios!

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This