Novas

Dende a derradeira entrega do boletín de empresa publicáronse no portal de Mancomún dúas novas pílulas sobre ferramentas libres para o uso diario, unha sobre captura de escritorio e outra sobre edición de son.

Tamén se publicaron tres novos capítulos de Mancomún Podcast, o número 71 no que se entrevistou a Paloma Piot e Borja González, os gañadores do Premio ao mellor proxecto universitario libre 2021; o número 72 no que Juan María López fala sobre o caso de éxito da ferramenta libre GLPI na empresa e o número 73 no que Jordi Gervas nos conta outro caso de éxito de GLPI, neste caso na administración pública.

Tampouco podían faltar a publicación dos correspondentes resumos semanais en formato vídeo, os números 28, 29, 30 e 31.

Outras noticias que se difundiron en Mancomún foron a apertura dos datos públicos, algoritmos e código fonte da administración francesa ou a migración ao software libre do estado alemán de Schleswig-Holstein.

Algunhas novidades interesantes do mundo do software libre no último mes foron a novas versión da plataforma libre e descentralizada para o aloxamento de vídeos PeerTube 4.0 e a do framework escrito en Python Django 4.0.


Proxecto destacado

Logo de Joomla! Joomla! é un sistema de xestión de contidos, tamén coñecidos como CMS do inglés Content Management System. Este tipo de solucións permiten configurar, adaptar e dotar de contidos un portal web empregando o navegador e dun xeito sinxelo e sen necesidade de programar código.

Joomla! naceu no 2005 froito dunha bifurcación do proxecto Mambo. É unha aplicación web programada en PHP e licenciada con GPL versión 2 e é un dos CMS máis empregados para o desenvolvemento de portais web. Joomla! ten unha serie de funcionalidades no seu núcleo como soporte de múltiplos idiomas, SEO e SEF integrado, xestión de menús e usuarios, sistema de cache... Adicionalmente pódense estender estas funcionalidades desenvolvendo ou instalando algún dos máis de 8000 plugins ou engadidos dispoñibles.

Pin It on Pinterest

Share This

Axúdasnos a mellorar?

Queremos saber que opinas deste espazo para facer do portal un lugar máis accesible. Só che levará 2 minutos completar a enquisa e para nós será de gran utilidade. Moitas grazas!

Tal vez mañá Ir á enquisa×