O estado alemán de Schleswig-Holstein inicia a migración do software das súas estacións de traballo (25.000 equipos) da administración pública ao software libre, pasando a usar sistemas operativos GNU/Linux, LibreOffice como solución ofimática, e outras aplicacións (por exemplo Zoom xa foi sustituído por Jitsi).

Pódese ver o plan do goberno de Schleswig-Holstein en formato pdf, que usarán para levar este proxecto adiante.

O plan presentado polas autoridades de Schleswig-Holstein fixa en 2026 o ano no que se completará a migración da suite ofimática, ao que seguirá o do sistema operativo.

Se queredes ampliar a información, no portal de Mancomún foron publicadas estas novas relacionadas anteriormente:
https://www.mancomun.gal/noticias/o-estado-aleman-schleswig-holstein-recorrera-cada-vez-mais-a-software-libre/
https://www.mancomun.gal/noticias/rexion-alemana-de-schleswig-holstein-aposta-por-migrar-software-libre/

Pin It on Pinterest

Share This