Nova versión da plataforma libre para o aloxamento e transmisión de vídeos, PeerTube 4.0. Actualmente, existen máis de 900 servidores que contan con PeerTube para aloxar contidos. Conta cunha licenza AGPLv3.

Novidades destacadas

A interface do administrador ofrece unha nova vista tabular de todos os vídeos aloxados no servidor actual. Posibilidade de realizar accións de administración e moderación por lotes. Posibilidade de filtrado e agrupación de elementos avanzado (por data de publicación, uso de HLS/WebTorrent e estado da conta).

Capacidade de filtrar rexistros por etiquetas e establecer restricións propias para canles individuais. Agora pódese transcodificar os vídeo a 144 p, pensado para conexións moi malas ou para publicar podcasts. Pódese usar Markdown nas descricións das listas de reprodución.

Mellorouse a visualización de vídeo capturado nun teléfono intelixente en formato vertical. Agregouse soporte para yt-dlp. Traballouse moito para limpar e modernizar o código, a configuración e a API.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This

Axúdasnos a mellorar?

Queremos saber que opinas deste espazo para facer do portal un lugar máis accesible. Só che levará 2 minutos completar a enquisa e para nós será de gran utilidade. Moitas grazas!

Tal vez mañá Ir á enquisa×