Novas

O 19 de xullo en Santiago terá lugar unha sesión demostradora de FacturaScripts organizada polo CDTIC e impartida por Ítaca e Agasol.

Despois de 5 revisións da versión 6 de LibreOffice The Document Foundation declara que comeza a estar listo para o entorno empresarial.

Publicados os gañadores dos premios Open Awards 2018, entregados na Feira Open Expo Europe, onde se premiou a personalidades, entidades.

SUSE anuncia a nova versión de SUSE Linux Enterprise que estará dispoñible a partir de mediados de xullo.

Foi publicado recentemente o segundo número de Xeración Ñu.

Na iniciativa SmartPeme da Deputación de Pontevedra van ter lugar dúas edicións do obradoiro sobre tecnoloxías libres titulado "Crea unha páxina profesional con WordPress" en Ponteareas e en Pontevedra.


Proxecto destacado

logo biwarden Bitwarden é unha plataforma de xestión de contrasinais tanto para persoas individuais como para empresas ou organizacións. Bitwarden permite tanto aloxar a plataforma en infraestrutura propia coma utilizar o servizo que o mesmo Bitwarden aloxa, que é gratuíto para os usuarios persoais e que conta con distintos plans en función de distintas necesidades.

Bitwarden componse dunha parte servidor multiplataforma (GNU/Linux, macOS e Windows) e dunha parte cliente que conta con versións nativas para Windows, macOS X, GNU/Linux, Android e IOS que permite a execución vía consola de comandos, dándonos a capacidade de executar scripts. Tamén conta con extensións para os navegadores máis empregados, como Mozilla Firefox, Google Chrome, Safari, Microsoft Edge, Opera, Tor Browser, Brave ou Vivaldi.

Algunha das funcionalidades que ten bitwarden son a sincronización multidispositivos, control de acceso incluíndo grupos de usuarios, compartición de ficheiros como certificados ou claves privadas, integración con varios servizos de directorio, autenticación multifactor e por suposto cifrado e xeración de contrasinais.

Pin It on Pinterest

Share This