Novas

O CDTIC realizará unha sesión demostradora de Odoo v11 en Santiago o 21 de xuño enfocada a empresas e profesionais.

A feira-congreso Open Expo Europe terá lugar o 6 e 7 e xuño en Madrid

Dell ofrece novos portátiles profesionais con Ubuntu preinstalada.

A AMTEGA ven de publicar os informes sobre a presenza de software libre nas empresas galegas onde se destaca que máis do 88% das empresas galegas de máis de 10 empregados usan software libre.

Anunciáronse dúas grandes migracións ao software libre: As escolas de Berna e outra na cidade de Montreal. En ambos casos se pon de manifesto a importancia dos fornecedores locais de solucións baseadas en software libre.

Na iniciativa SmartPeme de Deputación de Pontevedran teñen lugar varios obradoiros e xornadas como o segundo módulo do obradoiro sobre Woocommerce na Estrada e o Día do Asesorado en Vigo será sobre Arduino.


Proxecto destacado

logo Tryton Tryton é unha plataforma de xestión empresarial, tamén coñecida como ERP, do inglés Enterprise Resource Planning, licenciada baixo GPL. Trátase dunha solución modular e adaptable deseñada en 3 capas (cliente, servidor e base de datos) programada con Python e multiplataforma. Tryton comezou a desenvolverse en 2008 como un fork comunitario de OpenERP (o actual Odoo). Existe unha fundación co mesmo nome con base en Bélxica que se encarga do seu desenvolvemento e da súa promoción.

Entre as funcionalidades principais están: Xestión de contabilidade, facturación, vendas, compras, inventario, fabricación, proxectos, iniciativas e oportunidades. Adicionalmente tamén se poden ampliar estas desenvolvendo ou empregando módulos desenvolvidos pola comunidade. Existe un servizo de demo na propia páxina de Tryton ao que se pode acceder unha vez instalado o cliente.

Pin It on Pinterest

Share This