Os días 6 e 7 de xuño terá lugar en “La Nave“, Madrid, a quinta edición de “Open Expo Europe“, un congreso y feira para profesionais que ten como obxectivos difundir, presentar descubrir e avaliar as solucións e as tendencias da industria que ofrecen o software libre, datos abertos e innovación aberta.

Dentro das actividades que terán lugar neste evento están:

Open Awards son uns premios con varias categorías nas que se recoñecen publicamente proxectos, iniciativas, empresas, administracións ou persoas que crean, apoian e fomenta o tecnoloxías libres.

Congreso no que existen un gran número de conferencias, obradoiros, demostracións tecnolóxicas relacionadas co mundo do software libre.

Na parte de feira acudiran máis de 400 empresas relacionadas dalgunha forma co software libre, fornecedoras de servizos baseados en software libre, desenvolvedoras de produtos baseados en tecnoloxías libres ou mesmo as empresas ou entidades que hai detrás de proxectos de software libre.

Pin It on Pinterest

Share This