A solución libre de xestión empresarial (ERP) máis estendida, Odoo, é a protagonista da xornada demostradora que organiza o CDTIC e imparte a empresa Anubía o 21 de xuño ás 19:00 horas en Santiago.

A sesión ten como obxectivo dar a coñecer esta solución de software libre entre as empresas e profesionais enfocadas na compra-venda e produción que estean interesadas en mellorar o tratamento dos datos obtidos da súa actividade e axudar na toma de decisión dos seus órganos directivos

A xornada comezará con unha presentación práctica dos módulos de Odoo v11 para a xestión comercial, administrativa e loxística dunha empresa. A explicación dos módulos básicos de vendas, almacén, compras e contabilidade. Exposición dun caso de de xestión comercial, administrativa e loxística e por último a realización dun exercicio práctico.

Para máis información podes visitar a páxina do evento.

Pin It on Pinterest

Share This