Novas

Xa está dispoñible a versión 4.8 de WordPress que aínda que non chega con novidades moi destacadas, supón unha mellora sustancial na experiencia de usuario. É de destacar que nesta versión participaron ata 346 desenvolvedores diferentes, o que da unha idea da comunidade que hai detrás desta ferramenta de software libre.

 

Un caso de éxito interesante que mostra a potencialidade de Ansible como ferramenta de axuda para o mantemento de servidores e servizos, minimizando o tempo de despregue de aplicacións e automatizando a actualización de equipos.

 

Cada día nas empresas empréganse máis servizos, tanto propios como de terceiros, o que implica manexar diversas contas. Unha das principais medidas de seguridade é empregar contrasinais diferentes e que ademais estas sexan robustas. Ter que lembrar todas estas contrasinais complexas non é sinxelo, pero por sorte o software libre danos alternativas para conseguilo.


Proxecto destacado

Wordpress é un sistema de xestión de contidos ou CMS (siglas en Inglés de Content Management System) enfocado para a creación de sitios web na Internet. Aínda que principalmente se coñece pola súa utilización para a creación de blogs, hoxe en día permite a creación de calquera tipo de sitio web e mesmo portais complexos. Segundo diversos análises está presente en algo máis do 25% dos sitios web na Internet, é dicir, unha de cada catro páxinas que hai na Internet está feita con Wordpress. É unha solución de software libre liberada baixo a licenza GPL.

Ligazóns de interese

Pin It on Pinterest

Share This