Cada día nas empresas empréganse máis servizos, tanto propios como de terceiros, o que implica manexar diversas contas. Unha das principais medidas de seguridade é empregar contrasinais diferentes e que ademais estas sexan robustas. Ter que lembrar todas estas contrasinais complexas non é sinxelo, pero por sorte o software libre danos alternativas para conseguilo.

Existen aplicacións de software libre como KeepassX que permiten manter unha base de datos segura con estas contrasinais e que ademais inclúe un xerador das mesmas para asegurarnos que estamos a empregar contrasinais robustos.

KeepassX é multiplataforma e ademais existen aplicacións compatibles para dispositivos móbiles, como é o caso de Keepass2Android. A base de datos de contrasinais que crea esta ferramenta é un ficheiro convenientemente protexido que se pode compartir a través dunha ferramenta na nube tipo NextCloud, por exemplo, deste xeito pódese manter sincronizado entre varios dispositivos.

Pin It on Pinterest

Share This