Mancomún

Número 36 – Boletín de Software Libre na Administración – Xullo 2017

Martes, 4 Xullo 2017

Novas

  • A Amtega convoca a X edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre [Ler máis…]
  • Nova versión publicada de INSIDE [Ler máis…]
  • Publicouse o instalador automático de Autorfirma 1.5 [Ler máis…]
  • Publicada nova versión da licenza de software libre europea, a EUPL [Ler máis…]
  • 70 bibliotecas municipais uniranse ao sistema integrado de xestión bibliotecaria baseado en Koha da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia [Ler máis…]

Caso de éxito

Zabbix na Prefeitura de Miyazaki do goberno de Xapón

As administracións públicas son un tipo de entidade, que polas súas características, é un potencial usuario deste tipo de ferramentas, polo volume de equipos e instalacións de redes que precisan manter. Un exemplo de uso de Zabbix neste eido é o da Prefeitura de Miyazaki en Xapón, onde se precisaba manter monitorizados 24/7 todos os seus servidores, cunha solución de custo razoable.

A solución implementada permitiu un aforro dun 25% segundo estiman os responsables de tecnoloxía da Prefeitura. Agora mesmo son 130 os dispositivos monitorizados, pero no futuro queren chegar ata os 1000 e aos máis de 4000 triggers, actualmente teñen 450. Todo isto cunha instalación de Zabbix nun servidor con apenas 8 GB de RAM.

Proxecto destacado

Zabbix: Ferramenta de monitorización de Software Libre

Zabbix é unha ferramenta de software libre para monitorización de redes. Permite monitorizar e rexistrar o estado de varios servizos nunha rede de ordenadores, servidores ou hardware da propia rede. Está dispoñible baixo a licenza de software Libre GPL.

Entre as súas características destacan:

  • Verificar a dispoñibilidade e nivel de resposta de varios servizos como por exemplo servizos web ou de correo.
  • Permite obter estadísticas como carga dunha CPU, uso de disco, ancho de banda da rede…
  • Permite monitorizar servizos a través de protocolos como SNMP, TCP, ICMP ou SSH e telnet.

Segue a…


Inés Vázquez Ríos (@inesvrios)

Cofundadora de @AdaLab_Digital, unha iniciativa que busca mellorar a empleabilidade das mulleres xóvenes no eido dixital.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal