Publicase unha nova versión do paquete de aplicacións INSIDE (Infraestructura y Sistemas de Documentación Electrónica). Este novo paquete de distribución inclúe varios novos recursos e correccións.

INSIDE é un sistema de xestión de documentos e arquivos electrónicos que atende aos requirimentos para que ambos poidan ser almacenados ou accedidos segundo o esquema ENI. INSIDE establece as regras básicas para o intercambio e almacenamento de documentos e os rexistros electrónicos. Atende a necesidade de xestión integral dos documentos electrónicos como paso previo da presentación final dos documentos nun formato interoperable e de forma duradeira. Tamén se integra servizos de interconexión para a administración da xustiza en xeral e con outras administracións publicas estatais.

INSIDE está liberado no Centro de Transferencia Tecnolóxica baixo os termos da EUPL (European Public License).

 

Pin It on Pinterest

Share This