Novas

  • Debian 7 “Wheezy” deixa de ter soporte oficial [Ler máis...]
  • Ganadores "Open Awards" 2018 [Ler máis...]
  • Modificada a LISIGE para axustarse mellor á directiva INSPIRE [Ler máis...]
  • O 9 de xullo terá lugar un obradoiro sobre mapas interactivos e móbiles para a aprendizaxe [Ler máis...]
  • A GUADEC de 2018 ten lugar en Almería do 6 ao 11 de xullo [Ler máis...]
  • Publícase o segundo número de Xeración Ñu [Ler máis...]

Caso de éxito

Proxecto destacado

Logo AMA logo Tuleap

Caso de éxito con Tuleap AMA (Agência para a Modernização Administrativa Portugal)

Tuleap

Existen unha morea de casos de éxito de Tuleap, tanto no uso por parte de empresas coma no de administracións públicas. Na páxina web de Tuleap, poden verse varios exemplos. Dentro destes exemplos está o caso de éxito que nos ocupa neste boletín, o da Agência para a Modernização Administrativa de Portugal (o equivalente á AMTEGA).

A AMA xestiona diversos servizos que se ofrecen aos cidadáns portugueses, sendo o fornecedor dos servizos públicos telemáticos así como o principal responsable da súa interoperatibilidade. As motivacións principais para comezar a empregar Tuleap como ferramenta para a xestión de proxectos foron variadas, dende a posibilidade da centralización de documentación relativa a proxectos, a posibilidade de monitorizar calquera asunto, facilidade de uso... Todas estas motivacións ao final redundaron nunha optimización dos seus procesos, pese a que aínda non aproveitaron todos os beneficios da solución, pero que se irán empregando, como por exemplo a integración de Git e Jenkins. Durante a TuleapCon de 2018, Daniel Dourado realizou unha exposición sobre este caso de éxito.

Tuleap é unha plataforma de xestión de proxectos enfocada en metodoloxías áxiles. Está deseñada e enfocada para a xestión de proxectos software, podendo ser unha alternativa a forxas como GitHub ou GitLab. Conta con unha comunidade moi activa dentro da cal están os cerca de 100 contribuidores. Na páxina web do proxecto teñen moito material de demostracións e titoriais para comezar a coñecer a ferramenta, que está dispoñible para instalar en infraestrutura propia ou para comezar a usar a versión enterprise, da cal se pode solicitar unha proba de 15 días gratis e consta de soporte profesional e algunhas características adicionais seguindo así o modelo de negocio open core.

Tuleap non só ten funcionalidades de xestión de proxectos, tamén conta con características de xestión de tíckets; desenvolvemento continuo e revisión de código, podendo ter repositorios con Git ou Subversion e conectar estes con Gerrit ou Jenkins; xestión de testes ou probas; xestión documental mediante MediaWiki e ferramentas de comunicación en tempo real con un conector con Mattermost co soporte de bots.

Segue a

David Cuartielles (@dcuartielles)
Un dos fundadores da plataforma libre de prototipado hardware Arduino e profesor na Universidade de Malmo

Pode consultar os anteriores boletíns no seu formato online a través da seguinte ligazón.

Oficina de Coordinación de Software Libre

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia - Xunta de Galicia

software.libre@xunta.es - 881 995 600