A versión de Debian wheezy chegou ao fin do seu ciclo de vida de 5 anos, polo que deixará de contar con actualizacións de seguridade oficiais por parte do equipo de Debian, aínda que pode haber soporte de algún paquetes por parte de terceiros.
A nova saíu anunciada na propia páxina do proxecto Debian.
Dende o equipo de soporte a longo prazo de Debian recomendan realizar a actualización a Debian 8 “Jessie” a todas aquelas instalacións que actualmente teñan Debian 7, xa que esta versión contará con soporte de longa duración ata mediados do ano 2020.

Lembramos que o proxecto Debian é levado a cabo pola comunidade. Debian é unha das distribucións de GNU/Linux máis antigas e que é a distribución pai de outras como Ubuntu, Linux Mint, Kali Linux ou Purism Pure OS. É unha das distribucións de GNU/Linux de propósito xeral máis empregadas, así como unha das que conta con máis paquetes dispoñibles e máis arquitecturas soportadas.

A última versión estable desta distribución é a 9, coñecida co nome en clave Stretch e que terá soporte ata o ano 2022.

Pin It on Pinterest

Share This