|
As administracións publicas son entidades que, polas súas características e polo tamaño que teñen en infraestrutura tecnolóxica, son usuarias potenciais de ferramentas de monitorización, debido á necesidade de mantemento e control das mesmas.
Na páxina web de Pandora FMS poden verse casos de éxito de Pandora FMS. Dentro destes casos, destacamos o do departamento de sistemas do goberno do estado de Acre en Brasil, que escolleu Pandora FMS. Este departamento de sistemas escolleu Pandora FMS para monitorizar a infraestructura do proxecto "Floresta dixital" que achega o acceso a internet a milleiros de persoas, os técnicos deste departamento destacaron a facilidade de uso de Pandora FMS, pois foi no primeiro proxecto no que empregaron esta solución e non tiñan experiencia con ela.
|
|
Pandora FMS é unha ferramenta de software libre para a monitorización de redes que permite coñecer o estado de servizos, redes informáticas, servidores ou dispositivos de rede. Unha das máximas que ten o proxecto é ser flexible, de feito as siglas FMS significan Sistema de Monitorización Flexible.
Existen dúas versións de Pandora FMS, a versión "Community" que é a que está liberada baixo GPL 2 e a versión "Enterprise" con unha licencia comercial, seguindo así co modelo de "open core".
Entre as súas funcionalidades destacamos as seguintes:
- Verificación de dispoñibilidade de diversos servizos como pode ser correo electrónico, web...
- Obtención de estatísticas como uso de CPU, memoria, disco, trafico de rede...
- Permite monitorizar servizo usando os protocolos, ICMP, SNMP, SSH, FTP.
- Permite obter parámetros tanto despregando axentes coma sen eles.
|