NextCloud é un dos sistemas de nube privada máis populares. Mediante NextCloud podemos crear un servizo de almacenamento e compartición segura de ficheiros na nube. NextCloud naceu dunha escisión de OwnCloud e é un fork desta, polo que moitas das súas funcionalidades son similares e ambas son alternativas libres a servizos como Dropbox, Google Drive ou OneDrive incorporando ademais algunhas outras funcionalidades a maiores e por suposto coa vantaxe de ser libres.
As funcionalidades principais de NextCloud son:
- Almacenamento e compartición de ficheiros entre varios dispositivos e usuarios
- Autenticación de dous factores mediante SMS, Signal ou Telegram
- Capacidade de cumprir coa lexislación sobre a privacidade como GDPR
- Chamadas de audio e vídeo individual e en grupo con posibilidade de integración con telefonía IP
- Ferramenta de chat
- Múltiplos calendarios web que se poden compartir
- Axenda de contactos con sincronización multidispositivo e con compartición
- Integración con Collabora online e Onlyoffice
- Cliente web de correo electrónico con soporte de cifrado OpenPGP