Jitsi é unha solucion multiplataforma de videoconferencia, telefonía VoIP e mensaxería instantánea, está licenciada baixo a Apache 2.0. A solución completa está composta por dúas ferramentas, o Jitsi Videobridge e o Jitsi Meet.
O Jitsi Videobridge é un servidor XMPP deseñado para soportar milleiros de comunicacións por vídeo compatibles con WebRTC. O Jitsi Meet é a aplicación de cliente, trátase dunha aplicación web que ademáis conta con aplicación para IOS e Android.
As funcionalidade principais de Jitsi son:

  • Videoconferencia, telefonía IP
  • Mensaxería instantánea entre os integrantes da conferencia
  • Compartición de escritorio, presentacións, etc
  • Invitacións para conferencia mediante URLs personalizadas
  • Edición de documentos de xeito conxunto usando Etherpad

Pin It on Pinterest

Share This