Bitwarden é unha plataforma de xestión de contrasinais tanto para persoas individuais como para organizacións.

Bitwarden componse dunha parte servidor multiplataforma (GNU/Linux, macOS e Windows) e dunha parte cliente que conta con versións nativas para Windows, macOS X, GNU/Linux, Android e IOS. Ademais permite a execución vía consola de comandos, dándonos a capacidade de executar scripts. Tamén conta con extensións para os navegadores máis empregados, como Mozilla Firefox, Google Chrome, Safari, Microsoft Edge, Opera, Tor Browser, Brave ou Vivaldi.

Bitwarden permite tanto aloxar a plataforma en infraestrutura propia coma utilizar o servizo que o mesmo Bitwarden aloxa, que é gratuíto para os usuarios persoais e que conta con distintos plans en función de distintas necesidades.

As principais funcionalidades de Bitwarden son:

  • Sincronización multidispositivos
  • Control de acceso incluíndo grupos de usuarios
  • Compartición de ficheiros, certificados ou claves privadas
  • Integración con varios servizos de directorio
  • Autenticación multifactor
  • Cifrado e xeración de contrasinais

Pin It on Pinterest

Share This