Mércores, 22 Xuño 2022

Plan de Software Libre 2022

PDF

A Amtega renova un ano máis a súa aposta polo software libre, mediante a realización de diversas actuacións que se desenvolverán para a difusión de solucións tecnolóxicas de software libre.O plan de Software Libre recolle os compromisos, obxectivos e actividades promovidas dende a administración pública en colaboración cos axentes galegos do Software Libre para a difusión e o fomento do uso de Software Libre en Galicia en tres ámbitos principais de actuación: cidadanía, empresas e a propia administración pública.

Estas actuacións serán desenvolvidas un ano máis contando coa colaboración de diferentes axentes do tecido do software libre en Galicia como son a asociación de empresas de software libre de Galicia (AGASOL), as asociacións de usuarios e usuarias de software libre (AGUSL), as universidades galegas (CIXUG), os colexios profesionais de informática, etc. Todos eles contarán co apoio da AMTEGA e a súa Oficina de Software Libre para maximizar a coordinación e obtención de resultados.

Dentro do ámbito empresarial, o GAIASTECH será o elemento central ao redor do que pivotarán as actuacións de fomento das TIC en xeral e do Software Libre en particular, con especial atención ás tecnoloxías emerxentes, que permitan enriquecer o tecido empresarial galego. As actuacións enfocaranse a promover a oferta de solucións de calidade baseadas en software libre dirixida ás empresas, a través de sesións de difusión no propio centro, a través da difusión no portal mancomun.gal e do resto de canles dixitais da Amtega. Os estudos do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA) sobre a evolución do uso do software libre serven de base para coñecer e responder o máis axeitadamente posible as necesidades das empresas galegas.

Rede CeMIT, a colaboración coas AGUSL e o CIXUG no eido universitario. Reforzarase a difusión do software libre para a cidadanía, igual que no caso das empresas, a través do portal mancomun.gal, incorporando novos medios de difusión potenciando a elaboración de material audiovisual, que complemente as outras liñas de actuación.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal