Participa en Mancomún

Punto de encontro para a innovación, a mellora da competitividade e o fomento da sociedade do coñecemento galega

 

Comunidade galega do software e hardware libre

O portal mancomún ten por obxectivo ser un portal de referencia e aglutinador de todas as iniciativas sobre software libre que se están a desenvolver en Galicia dende os diferentes ámbitos: institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc.

En Galicia existe unha forte comunidade de asociacións, grupos informais ou entidades promotoras e difusoras do software, hardware e cultura libres. Algunhas teñen un amplo percorrido e traxectoria temporal e outras son de máis recente creación, mais todas elas desenvolven un importante rol a prol da cultura libre e en aras de reducir a fenda dixital e de achegar as vantaxes do Software Libre a distintos sectores da sociedade galega.

O obxectivo desta páxina é ofrecer un directorio das asociacións que se adican á promoción do software e do hardware libre e por extensión da cultura libre en Galicia. Neste directorio recóllense distintos tipos de membros desta comunidade:

  • Asociacións de usuarios de software libre (AGUSL) da nosa comunidade, constituídas como asociacións sen fins de lucro, que recollen nos seus estatutos como unha das súas finalidades principais a difusión e promoción do software libre en xeral ou o GNU/Linux en particular dentro do seu ámbito de actuación.
  • Grupos informais, que aínda que non teñen personalidade xurídica, desenvolven diferentes actividades de promoción e fomento do software ou do hardware libre.
  • Asociacións empresariais e ás entidades universitarias, que a diferencia das anteriores non están formadas por persoal voluntario senón por empresas e persoal contratado a tal fin.

Este directorio nace con vocación de ser o máis completo posible, polo que se pertences ou coñeces algunha agrupación destas características, que non estea aquí incluída por favor, contacta con nós a través do formulario de contacto.

 

Pin It on Pinterest