A administración da maior cidade e capital de Albania, Tirana, está dando pasos cara o software libre, así o anunciou “The Document Foundation” (TDF) recentemente no seu blog comunicando que esta cidade está no medio dun proxecto de migración ao software libre e aos estándares abertos.

Este proxecto de migración ao software libre é levado adiante polo departamento de informática da administración local o cal xa realizara a migración a NextCloud, como xa comentamos anteriormente neste portal, e agrega agora ao seu catálogo de solucións libres a suite ofimática LibreOffice e para facilitar a migración a esta solución tamén traduciron os manuais a albanés axudando así á comunidade e facilitando a formación nesta plataforma para toda a poboación albanesa.

O municipio de Tirana continua deste xeito coa súa aposta firme polo software libre fundamentada na afirmación de que as infraestruturas públicas deben estar baseadas en software libre para non perder o control desta e dispoñer así dunha mellor xestión para todos.

Imaxe recuperada de wikimedia.

Pin It on Pinterest

Share This