Hoxe publicamos un artigo sobre a xestión de proxectos. Esta disciplina é necesaria na meirande parte das empresas e institucións onde se leven a cabo traballos de certa envergadura. As tarefas implicadas na xestión de proxectos a día de hoxe conta con certas aplicacións que poden axudar a desempeñalas, existindo unha oferta ampla de programas e utilidades. Algunhas soportan varios tipos de metodoloxías, outras solo soportan algún tipo e tamén temos aplicacións que nos axudan en moitas máis tarefas a parte da xestión.

Dada a demanda que existe de solucións que axuden coa xestión de proxectos vimos de publicar un artigo sobre o tema realizando unha escolla de distintas solucións libres que nos poden axudan coa xestión e administración de proxectos e unha breve descrición destas comentando os seu puntos fortes.

Pin It on Pinterest

Share This