Xa está dispoñible na sección de artigos tecnolóxicos, unha nova publicación neste caso adicada aos sistemas de videoconferencia con software libre.

No mundo global no que vivimos hoxe en día, as solucións de videconferencia estanse a converter pouco a pouco nun deses software indispensables, case como o navegador ou un paquete de ofimática. Ben sexa polas necesidades de comunicación con clientes ou futuros clientes ou, aínda que lentamente pero pouco a pouco avanzando, con outros compañeiros debido ao teletraballo, o certo é que estas ferramentas son xa unha necesidade que hai que sumar á caixa tecnolóxica que hoxe en día precisa calquera empresa.

Este novo artigo plantexámolo como unha pequena comparativa entre diferentes solucións, buscando por unha banda incluír a máis recentes, e por outra tentar recoller tamén diferentes tipos de uso. Sendo unha comparativa de ferramentas de software libre, non quixemos quedar tan só na parte de funcionalidades técnicas senón que tratamos de botar tamén unha ollada ás súas comunidades, e valorar aspectos como o número de desenvolvedores activos ou o ritmo de actualizacións e novas versións que se publican.

No artigo completo pódense descubrir máis en detalle estes aspectos para as tres ferramentas que escollemos: Riot, Jitsi e Spreedme.

 

 

Pin It on Pinterest

Share This