O 14 de xullo, en horario de 16:00h a 17:15h, terá lugar a presentación do “I Faladoiro Mancomún” no Centro GaiasTech (aforo limitado) e tamén terá lugar por streaming, impartido pola Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega.

Faladoiros de Mancomún

Charlas en formato videopodcast onde tanto as condutoras destas conversas, como as participantes, son mulleres relevantes no mundo tecnolóxico, e especialmente, mulleres en contacto con temas relacionados co software libre e a cultura libre.

Os “Faladoiros de Mancomún” son espazos onde visibilizar mulleres do sector tecnolóxico, onde poidan expresarse libremente, nun ambiente seguro e distendido.

Para quen?

Calquera persoa interesada no mundo da tecnoloxía e especialmente relacionada co software libre e cultura libre.

Inscrición

As inscricións presenciais teñen aforo limitado. Confirmarase vía correo electrónico se pode acceder presencialmente.

Programa

– Presentación dos “Faladoiros de Mancomún” por Bárbara Román.

– Streaming do I Faladoiro. Neste primeiro faladoiro contamos coa participación de:
Bárbara Román
Marelisa Blanco
Cristina Pampín
Aida Vidal Balea

Máis información: https://www.mancomun.gal/noticias/i-faladoiro-mancomun/

A Oficina de Coordinación de Software Libre constitúese coma punto de referencia para todos os axentes involucrados no desenvolvemento deste tipo de software en Galicia, fomentando o avance homoxéneo das distintas actuacións neste eido levadas a cabo dende distintos ámbitos.

Do mesmo xeito, o portal Mancomún aglutina na rede todas as iniciativas de software libre que se están a desenvolver en Galicia, servindo de canle de comunicación pública e proporcionando un conxunto integrado de servizos.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This