O luns 24 de setembro ás 18:30 na Facultade de Informática da Coruña a asociación Grupo de Programadores e Usuarios de Linux organiza unha nova entrega dos “GPUL Labs” na que presentarán o Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre organizado pola Amtega e que conta coa colaboración de GPUL.

Neste evento, ademais de falarnos dos premios, Pablo Castro tamén nos falará un pouco do futuro laboral e do que pode deparar a todas esas persoas que están rematando a carreira , así como dar certos consellos sempre dende o punto de vista do mundo libre.

Recordamos que os “GPUL Labs” son unha serie de conferencias organizadas por GPUL ao abeiro do convenio da Amtega coas asociacións de software libre. O evento naceu hai un par de anos onde se dan cita profesionais, estudantes, empresas e afeccionados ao software libre para dar a coñecer tecnoloxías e comunidades libres e punteiras e tratando sempre de motivar e incentivar a que as persoas participen no movemento do software libre.

Pin It on Pinterest

Share This