O xoves 24 de maio os GPUL Labs pechan o curso cunha sesión sobre Flutter

Luns, 21 Maio 2018

Este xoves 24 de maio no Viveiro de empresas Accede Papagaio a Asociación Universitaria Grupo de de Programadores e Usuarios de Linux, coñecida como GPUL, remata a serie de conferencias, talleres e charlas “GPUL Labs“, que xa anunciamos previamente e na que tiveron lugar eventos diversos ao longo do ano arredor de tecnoloxías libres onde se dan cita, estudantes, profesores, profesionais do sector e afeccionados ás novas tecnoloxías para difundir proxectos e solucións de software, hardware e coñecemento libre.

A sesión desta semana, titulada “Introdución a Flutter“, é impartida por Fernando Souto, desenvolvedor de aplicacións móbiles en MOBGEN. Fernando vainos facer unha introdución a Flutter, un framework libre desenvolvido por Google que nos pode axudar na xeración de aplicacións móbiles en múltiplas plataformas dunha forma sinxela e rápida. Neste obradoiro realizarase unha introdución práctica ao framework desenvolvendo un exemplo práctico.

Podedes apuntarvos na páxina de meetup do evento.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal