Como xa temos anunciado dende Mancomún en varias ocasións, o compromiso do Concello de Barcelona co software libre é en firme. O ano pasado, o concello anunciaba o seu plan para priorizar o uso do software libre fronte ao privativo, un ano despois, o director da área de informática Xavier Roca, conta que o departamento adica arredor do 80% do orzamento a solucións baseadas en software libre, tamén comentou que esperan que un día todo poida ser software libre, pero que actualmente non é posible que o departamento funcione ao cento por cento e necesitan algún software privativo.

Ata o momento, o concello de Barcelona liberou oito solucións que están dispoñibles dende a súa páxina de GitHub e está traballando na liberación doutras sete máis; alén das liberacións, tamén están traballando a prol do software libre en conxunto con outras cidades, administracións e comunidades tanto de dentro coma de fora do estado entre as que están Zaragoza, Rivas-Vaciamadrid, Amsterdam ou Londres.

Fonte da nova: https://joinup.ec.europa.eu/news/growing-100-2020

Pin It on Pinterest

Share This