O comezo do curso fai retornar os GPUL Labs cunha charla sobre gráficos libres

Luns, 17 Setembro 2018

O comezo do novo curso académico fai despertar os GPUL Labs do descanso estival.
GPUL estrea o curso cunha charla sobre Mesa, a API de gráficos libres. Debido á conferencia XDC, anunciada nunha nova previa, que terá lugar na Facultade de Informática da Coruña, a xente de GPUL quixo comezar con esta charla introdutoria sobre as APIs de gráficos para que todas as persoas interesadas na temática poidan aproveitar mellor a ocasión de asistir á X.Org Developers Conference.

A charla sobre Mesa, terá lugar o mércores 19 de setembro ás 19:00 na Facultade de Informática da Coruña e centrarase en dar unha introdución ao proxecto Mesa incluidos os fundamentos e tamén se ofrecerá unha introdución ao funcionamento do hardware 3D moderno e como se emprega en APIs como OpenGL e Vulkan.

Pódense ver máis detalles sobre o evento na páxina do meetup.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal