A Asociación GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux) organiza e acolle este setembro a conferencia anual de desenvolvedores de X.Org, coñecida como XDC do inglés X.Org Developers Conference.

O evento terá lugar do mércores 26 ao venres 28 de setembro na Facultade de Informática da Coruña, trátase dun congreso de balde pero con inscrición de cara a axudar á organización a saber o número de asistentes, dita inscrición pode realizarse dende esta páxina.
En xeral trátase dun evento pensando para todas as persoas involucradas nas tecnoloxías Freedesktop. No programa publicado, pode verse que a maior parte das charlas, obradoiros e relatorios son sobre técnicas gráficas ou relacionadas con estas.
Alén dos eventos máis técnicos tamén hai lugar para outras actividades máis lúdicas nas que os desenvolvedores aproveitan para estreitar lazos e convivir durante estes días.

A conferencia XDC está organizada por GPUL como entidade local en colaboración coa Universidade da Coruña e a fundación X.Org e conta con diversos patrocinadores como a empresa galega Igalia, AMD, Collabora, Google, Intel, Nvidia ou Valve; ademais de ser unha actividade organizada ao abeiro do convenio entre a Amtega e as asociacións galegas de software libre.

Pin It on Pinterest

Share This