MesD Multimedia: Iniciación ao retoque fotográfico con GIMP no CDTIC

Luns, 27 Maio 2019

O próximo xoves 6 de xuño, terá lugar un curso de “Iniciación ao retoque fotográfico con GIMP” no CDTIC de Santiago de Compostela.
As imaxes son un recurso utilizado en moitos medios, tanto impresos como dixitais, e unha forma de gardar os nosos recordos para que perduren no tempo. Pero as imaxes que obtemos das cámaras fotográficas na maior parte dos casos non as podemos usar directamente, necesitamos facerlles transformacións e adaptalas ás nosas necesidades.
Necesitamos dispor dunha ferramenta libre, versátil, fácil de usar e potente ao mesmo tempo como é GIMP.

Obxectivos

Neste curso, búscase dotar as persoas participantes dos coñecementos e as habilidades necesarios para crear contidos e imaxes de calidade, a través de ferramentas dixitais de software libre de retoque e deseño fotográfico..

Horario

De 16:00h a 18:30h

Localidade

CDTIC
Rúa de Airas Nunes, s/n-Conxo
15703 Santiago de Compostela (A Coruña)


Ollar un mapa máis grande

Público obxectivo

GIMP adáptase ben tanto para usos profesionais e empresariais como para usos menos esixentes por parte de usuarios máis básicos, polo que este curso está dirixido a calquera perfil de persoa interesada en mellorar as súas imaxes.

Inscrición

O aforo é limitado, pódese facer a inscrición a través da web do CDTIC.

Programa

– Conceptos teóricos sobre luz e cor
– Traballando con GIMP
– Edicións básicas de fotografía
– Recortes e rotacións
– Brillo, contraste e saturación
– Nitidez
– Prácticas
– Edicións avanzadas
– Capas
– Máscaras
– Curvas
– Prácticas
– Tipos de licenzas para publicar e usar imaxes. Creative Commons

Imparte

Jorge Lama, membro do equipo da Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega. Formador especializado en diferentes ferramentas de software libre, fotógrafo, videógrafo e divulgador da cultura libre a través de asociacións como Melisa, Bricolabs e proxectos como Xeración Ñu.

Recomendacións para asistir ao curso

Recomendamos aos asistentes dos cursos de GIMP que traian os seus propios ordenadores portátiles para seguir o curso e poder facer as prácticas propostas durante as clases.

Aquelas persoas que non dispoñan dun portátil propio, poderán seguir o curso empregando os ordenadores da sala no CDTIC, tendo en conta que son equipos con pouca potencia para levar a cabo tarefas de retoque fotográfico e deseño.

Ademais do ordenador, é aconsellable traer un rato e alfombrilla para el, debido a que o touchpad dos portátiles non é unha boa alternativa para traballar en programas de retoque fotográfico e deseño.

Tamén recomendamos traer instalados os programas que se van ver durante o curso.
Deixamos aquí as instrucións de instalación:

Instalación de GIMP

Descargar a aplicación desde a web oficial do proxecto para a nosa plataforma (Windows, Mac ou Linux):
https://www.gimp.org/downloads/

Unha vez descargado o instalador no noso equipo, facer doble clic encima de el e seguir as instrucións que nos aparecen na pantalla.

Organiza

Amtega

Se queres aprender máis sobre outras ferramentas para poder traballar con imaxes, podes seguir a serie de Artigos TIC especializados que estamos a publicar estes meses en Mancomún.

Máis información na web do CDTIC.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal