No portal Mancomún estamos de estrea, apostando por novos formatos audiovisuais, en concreto polo podcasting.
A partir de agora, tamén poderás escoitar certos contidos do portal e entrevistas a persoas relevantes no mundo do software libre e de fontes abertas.
Pensamos que o son e o podcasting son unha boa ferramenta comunicativa para poder dar visibilidade a proxectos, persoas e organizacións, así como poder chegar dunha forma máis amena ao noso público.

A escoita dos programas en formato sonoro, pódese compatibilizar con outras tarefas do día a día e mesmo co traballo, sen necesidade da nosa atención en exclusiva como a lectura de artigos ou a visión de vídeos.

archive

Colgaremos os contidos no noso Repositorio documental e na nosa conta de archive.org, de forma que poidas descargalos ou reproducilos directamente a través da web.

Tamén podes subscribirte ao programa a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).

En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.

A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Podes escoitar o primeiro episodio centrado no “II Encontro sobre Ceph” que tivo lugar no CDTIC e onde entrevistamos a varios dos relatores:

Pin It on Pinterest

Share This