Iniciada unha serie de artigos tecnolóxicos sobre ferramentas multimedia

Xoves, 4 Abril 2019

En Mancomún vimos de estrear unha serie de artigos tecnolóxicos nos que nos vamos centrar en solucións libres para traballos multimedia como poden ser a creación de debuxos e diagramas, a manipulación de imaxes e fotografías ou a edición de son e vídeo.

Coñecer estas ferramentas libres é útil en diversos sectores e áreas nos que se poidan ter que realizar tarefas multimedia, ou para todas aquelas persoas que queiran desenvolver o seu lado artístico e creativo. Utilizar software libre nestes casos, pode axudar a aforrar moitos custos debido a que a maior parte de ferramentas multimedia privativas teñen un prezo elevado, ademais, o feito de ser estas libres, tamén permite ter unha maior independencia tecnolóxica.

Na primeira entrega desta serie, titulada “Ferramentas multimedia: Solucións para imaxes“, iníciase a andaina do mundo da multimedia mediante un artigo adicado ás solucións para imaxes facendo un repaso breve presentando unha decena de aplicacións para traballar con imaxes dende todos os ámbitos e para todos os públicos, dende aplicacións para edicións e retoques básicas ata ferramentas para afeccionados e profesionais do sector.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal