A asociación GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux) continúa con GPUL Labs, serie de actividades sobre tecnoloxías libres das que comezou unha nova etapa recentemente.

GPUL Labs Git

Esta segunda sesión dos GPUL Labs será arredor de Git, onde Marcos Horro, impartirá unha charla de introdución a esta indispensable ferramenta así como da plataforma de forxa GitLab. A conferencia terá lugar o xoves 30 de maio ás 18:30 no laboratorio 0.5w da Facultade de Informática da Coruña.
A asistencia ao evento é libre e gratuíta, aínda que a organización agradece a inscrición no meetup do evento, onde tamén se pode atopar máis información sobre o mesmo.

GPUL Labs

Os GPUL Labs son unha iniciativa da asociación GPUL de ter unha serie de actividades como charlas, obradoiros, sesións de hacking… todas elas sobre tecnoloxías libres onde aprender sobre as últimas tendencias da comunidade libre e tamén sobre as tecnoloxías máis maduras pero que seguen a ser punteiras.

Celébranse dende o ano 2016 en varias localizacións da cidade da Coruña cunha duración e frecuencia dependente da edición en cuestión, as actividades teñen o enfoque posto en profesionais do mundo das TIC, estudantes de informática… Os relatores proceden de diversas entornos como pode ser o sector empresarial ou o universitario con diferentes traxectorias e campos.

Pin It on Pinterest

Share This