A asociación GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux) comeza unha nova serie de actividades denominadas GPUL Labs. A primeira destas actividades terá lugar este xoves día 2 de maio ás 18:30 na Facultade de Informática da Coruña.

GPUL Labs

Durante a sesión titulada “Guía para sobrevivir fora da FICBrais Arias e Pablo Castro dirixiranse ao público universitario para contarán algunhas cousas como:

  • Unha breve explicación de que é o software libre
  • Os beneficios de colaborar con proxectos de software libre
  • Consellos para afrontar os últimos anos da carreira e/ou os primeiros da vida laboral

GPUL Labs

Os GPUL Labs son unha iniciativa da asociación GPUL de ter unha serie de actividades como charlas, obradoiros, sesións de hacking… todas elas sobre tecnoloxías libres onde aprender sobre as últimas tendencias da comunidade libre e tamén sobre as tecnoloxías máis maduras pero que seguen a ser punteiras.

Celébranse dende o ano 2016 en varias localizacións da cidade da Coruña cunha duración e frecuencia dependente da edición en cuestión, as actividades teñen o enfoque posto en profesionais do mundo das TIC, estudantes de informática… Os relatores proceden de diversas entornos como pode ser o sector empresarial ou o universitario con diferentes traxectorias e campos.

Máis información sobre a charla no meetup do evento.

Pin It on Pinterest

Share This