Se queres coñecer un pouco máis sobre Carlos García e a súa creación, FacturaScripts, recomendamos a lectura da entrevista que lle fixeron no blog de Victorhck in the free world recentemente.

FacturaScripts é unha solución libre, profesional e flexible de software de xestión e contabilidade para empresas pequenas e medianas, que leva 10 anos crecendo e mellorando as súas caracteríscticas, á vez que se rodea dunha comunidade de desenvolvedores de plugins e usuarios.

O blog “Victorhck in the free world” é unha das fontes que nos gusta consultar en Mancomún e do que xa comentamos nalgún dos nosos podcasts.

Na entrevista revisan como foi o comezo da aplicación, que problemas se atopou no camiño e como evolucionou ata o día de hoxe.

Autoría do logo de FacturaScripts: De NeoRazor – Carlos Garcia Gomez – www.facturascripts.com, Dominio público, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=42114574

Entrevista completa na web de Victorhck in the free world

Pin It on Pinterest

Share This