Dell e Slimbook renovan os portátiles con GNU/Linux

Martes, 11 Xuño 2019

Hai anos atoparse con unha computadora que viñera cun sistema operativo libre era tarefa case imposible. A día de hoxe, pese a non ser unha opción estendida entre todos os fabricantes, poden atoparse xa algúns que instalan nas súas máquina GNU/Linux. Como é o caso dos que relatamos no artigo tecnolóxico sobre computadoras con GNU/Linux preinstalado recentemente publicado.

Novidades destacadas

Unha das marcas máis coñecidas é Dell, que comezou a súa andaina ofrecendo equipos con GNU/Linux no proxecto Sputnik. Esta empresa ven de anunciar recentemente que actualiza a súa familia de portátiles Precision que ofrece con Ubuntu 18.04 LTS Bionic Beaver. En concreto son os modelos 5540, 7540 e 7740, trátase de portátiles de gama profesional e que están tamén certificados para o seu uso con Red Hat Enterprise 8.0 e que sairán á venda en xullo.

As características dos novos equipos:

  • Dell Precision 5540
    • Pantalla de 15″ UHD Touch / Oled
    • CPU Intel Core de novena xeración ou Xeon E
    • GPU NVIDIA Quadro T2000 4GB
    • Memoria RAM ata 64GB DDR4
    • Almacenamento ata 4TB
  • Dell Precision 7540
    • Pantalla de 15″ UHD HDR400
    • CPU Intel Core de novena xeración ou Xeon E
    • GPU AMD Radeon Pro e NVIDIA Quadro RTX 3000 6GB
    • Memoria RAM ata 128GB DDR4
    • Almacenamento ata 6TB PCIe SSD
  • Dell Precision 7740
    • Pantalla de 17″ UHD IGZO
    • CPU Intel Core de novena xeración ou Xeon E
    • GPU AMD Radeon Pro e NVIDIA Quadro RTX 3000 16GB
    • Memoria RAM ata 128GB DDR4
    • Almacenamento ata 8TB PCIe SSD

Outra das empresas é Slimbook, que tamén acaba de anunciar que actualiza a súa gama profesional de portátiles. Slimbook é unha empresa española que ensambla equipos informáticos, portátiles, sobremesa, todo en un… Ademais ten certo compromiso co software libre, un exemplo do mesmo é o do seu modelo KDE Slimbook.

Os novos portátiles de Slimbook teñen as seguintes características:

  • Pantalla de 14″ ou 15″
  • CPU Intel Core i5-8265u ou i7-8565u
  • GPU Intel UHD 620
  • Memoria RAM ata 16GB DDR4
  • Almacenamento SSD M.2 ata 1TB (segundo disco opcional)
  • USB 3.0 (A e C)
  • HDMI
  • Mini Display Port
  • Bluetooth 4.0 e 5.0
  • RJ45
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal