Como xa anunciamos tempo atrás a Akademy-es deste ano vai celebrarse en Vigo do 28 ao 30 de xuño no MARCO (Museo de Arte Contemporáneo).

O evento trátase do encontro anual de desenvolvedores, colaboradores e usuarios de KDE en España, sendo esta a décimo cuarta edición. A Akademy-es está organizada pola asociación KDE España e pola asociación local GALPon.

O programa do evento de momento non está dispoñible xa que de momento aínda se aceptan propostas para charlas ata o día 19 de maio así como tamén a aceptación de patrocinadores.

O rexistro no evento é gratuíto e xa está aberto dende finais de abril, para asistir tan só é preciso cubrir o formulario da páxina do evento.

Para máis información sobre o evento pódese visitar a páxina da Akademy-es.

Fonte orixinal da imaxe: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Centro_e_porto_de_Vigo_cropped.jpg

Pin It on Pinterest

Share This