Aínda queda medio ano para que se celebre, mais a décimoterceira edición das Xornadas de SIG Libre, referente na xeomática a nivel estatal, xa comeza a albiscarse no horizonte.

Coa decimosegunda edición ainda no padal, o servizo de SIG e Teledetección (SIGTE) da Universidade de Xirona abre xa a chamada a presentar propostas de resumos así como talleres e tutoriais de cara a acoller novamente as Xornadas de SIG Libre na Facultade de Letras e Turismo. Os días 29 e 30 de maio son os escollidos desta volta para celebrares este encontro adicado ao software libre e datos abertos no eido da información xeográfica.

O prazo remata o día 3 de marzo no caso dos resumos; para os talleres e tutoriais o tempo está máis axustado, pois o día 11 de xaneiro sería a data máxima de presentación. Toda a información está dispoñible na propia páxina do SIGTE, así como os enlaces os formularios cos que podermos presentar de xeito telemático as comunicacións ou as propostas de taller/tutorial.

Se estás interesado en colaborar como patrocinador, o SIGTE pon a disposición os medios na seguinte ligazón.

Pin It on Pinterest

Share This