O 7 e 8 de xuño terán lugar en Xirona as Xornadas de SIX libre

Martes, 5 Xuño 2018

Os vindeiros xoves 7 e venres 8 teñen lugar as Xornadas de Sistemas de Información Xeográfica libre de Xirona. É a duodécima edición destas xornadas que se celebran nesta cidade e que teñen unha forte repercusión no mundo da xeomática libre.

As xornadas constan de relatorios plenarios, comunicacións, obradoiros, exposicións de pósters e espazo para o encontro e o chamado “networking”, todos o eventos teñen como temática principal a información xeográfica, os temas e niveis das charlas van, dende a presentación de novidades das versións máis recentes de software xeográfico libre a presentación de novas ferramentas, tanto para desenvolvedores como para profesional que emprega este tipo de solucións, pasando por casos de éxito de algunhas das ferramentas.

Ademais de poder desfrutar destas xornadas presencialmente, a organización do evento pon a disposición de todo o mundo os vídeos das conferencias a través da páxina web, para poder velas aínda que non se poida asistir ao evento ou para poder repasar algunha cousa que se nos escapase.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal