A Comisión Europea decidiu recentemente levar a cabo un programa de recompensas para a corrección de erros en 15 proxectos de software libre, este programa de axudas está enmarcado dentro do proxecto FOSSA (do inglés Free and Open Source Software Audit). Proxecto que naceu no seo da Unión Europea a iniciativa da europarlamentaria Julia Reda co ánimo de auditar e mellorar a seguridade do software libre que se emprega nas institucións europeas.

Os programas de recompensa por corrección de erros (en inglés Bug Bounty) son iniciativas que recompensan a quen atope, notifique e solucione erros nun software en concreto. Iniciativas como estas son levadas adiante por administracións e grandes corporacións para incentivar a colaboración da comunidade de usuarios e desenvolvedores a mellorar a seguridade das aplicacións que estas empregan. En concreto a Unión Europea xa ten convocado iniciativas similares a esta en outras ocasións, como a que anunciamos previamente no portal.

Este último programa de recompensas premiará cun total de 851.000€ a corrección de erros en 15 proxectos libres. Os primeiros proxectos xa contan co prazo aberto para notificar os erros dende o 7 de xaneiro ata o 15 de agosto na plataforma HackerOne e son os que seguen:

O día 15 de xaneiro e a través da plataforma Intigriti poderán realizarse os avisos sobre a seguridade dos proxectos seguintes:

E por último, a través de HackerOne, poderán notificarse fallos no software midPoint a partir do 1 de marzo.

Pin It on Pinterest

Share This