A Comisión Europea pon en marcha o primeiro programa de recompensa por erros, en inglés Bug Bounty. Trátase dunha iniciativa que recompensa a quen atope, notifique e solucione erros a un software en concreto. O primeiro proxecto en recibir esta axuda é o reprodutor VLC ou VideoLAN, que adxudicará recompensas entre 100 e 3000 dólares dependendo do impacto e da gravidade de dito erro; a clasificación dos informes de erro será levada a cabo pola propia comunidade de VLC.

Esta iniciativa está no marco de accións do proxecto FOSSA, que conta cun orzamento de 2 millóns de euros, e ten como obxectivos auditar e mellorar a seguridade do software libre que se emprega nas institucións europeas.
O motivo polo que se escolleu o proxecto VLC é porque este é un dos reprodutores multimedia máis estendidos e está presente en todas as estacións de traballo da comisión.

Se estás a pensar en participar nesta iniciativa bota unha ollada a esta ligazón.

Fonte da nova.

Pin It on Pinterest

Share This