O 13 de febreiro de 2023, en horario de 12:00 a 13:00 horas, terá lugar no GaiásTech a charla “A tecnoloxía é cousa de todas. Fomentando a participación das mulleres no eido STEAM”, en formato online.

O obxectivo da sesión é facer un repaso de todas as iniciativas que a Amtega, a través da Oficina de Software Libre, vén levando a cabo para poñer en valor o traballo das mulleres no eido da tecnoloxía e software libre, así como presentar as novas actividades previstas para todo este ano 2023.

Programa

– Repaso das iniciativas levadas a cabo para poñer en valor ás mulleres na tecnoloxía
– Presentación das actividades que se van a desenvolver durante todo o ano 2023 para o fomento da participación das mulleres no eido das STEAM e do Software Libre
– Comentarios e preguntas

Interveñen

A Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega constitúese coma punto de referencia para todos os axentes involucrados no desenvolvemento deste tipo de software en Galicia, fomentando o avance homoxéneo das distintas actuacións neste eido levadas a cabo dende distintos ámbitos.

Do mesmo xeito, o portal Mancomún aglutina na rede todas as iniciativas de software libre que se están a desenvolver en Galicia, servindo de canle de comunicación pública e proporcionando un conxunto integrado de servizos.

Relatoras
Uxía Romero – Xefa do Departamento de Innovación Dixital e Intelixencia Artificial (AMTEGA)
Bárbara Román – Oficina Software Libre (AMTEGA)

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This