Como cada verán, chega agosto e con el as vacacións de moita xente. Imos aproveitar para facer un repaso das novidades no mundo dos videoxogos libres que nos trae o noso invitado Leo, tamén coñecido como Leillo, do portal e comunidade JugandoEnLinux.
Leo xa é coñecido polos oíntes de Mancomún, porque se pasou en varias ocasións para darnos a coñecer o mundo dos xogos libres desenvoltos con software libre ou código aberto, xogos que podemos gozar en sistemas GNU/Linux.
Steam Deck e novidades nos videoxogos libres, con Leillo