No programa anterior de Mancomún, falamos de recopilacións de xogos educativos para os cativos da casa, pero faltounos tocar outra parte do xogo, os videoxogos puramente lúdicos.

Xogando en GNU/Linux

Hoxe en Mancomún Podcast, contamos cun invitado especial, Leo do portal e comunidade JugandoEnLinux. Leo coñece moi ben este mundo dos xogos libres desenvoltos con software libre ou código aberto, xogos que ademáis podemos disfrutar en sistemas GNU/Linux.

Enlaces mencionandos no programa

JugandoEnLinux
https://jugandoenlinux.com/

Xogos recomendados
Conducción: Supertuxkart, Speed Dreams
Shooters: Open Arena, Xonotic, Urban Terror
Estratexia: 0.A.D. , Warzone 2100, OpenRA, Battle of Wesnoth, Minetest, Hedgewars, Flightgear

As músicas usadas neste programa foron:

– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Pin It on Pinterest

Share This