Xoves, 11 Febreiro 2021 | Francisco Puga e Pablo Sanxiao

#48-Mancomún Podcast: Repaso ao 2020 con Francisco Puga e Pablo Sanxiao

Episodio 48

Como fixemos noutras ocasións, vamos facer un repaso das novas que máis nos chamaron a atención do ano pasado relacionadas co panorama do software libre e o mundo da cultura libre.

Neste programa, volvemos contar coa colaboración de Francisco Puga e Pablo Sanxiao, que nos van comentar as súas impresións referidas aos últimos meses.

Repaso ao 2020 con Francisco Puga e Pablo Sanxiao

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

As músicas usadas neste programa foron

Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License 4.0 http://freemusicarchive.org/music/Timecrawler_82/Osaka_Lights/Street_Dancing Efectos sonoros de Freesound https://freesound.org/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal