Gustaríache aprender a retocar as túas fotografías e conseguir imaxes de calidade?

04 – Iniciación ao retoque fotográfico con GIMP no CDTIC

Tamén o podes escoitar e descargar desde o noso repostiorio en archive.org.

Formato ogg
Iniciación ao retoque fotográfico con GIMP no CDTIC
Formato mp3
Iniciación ao retoque fotográfico con GIMP no CDTIC

Tes unha boa oportunidade de facelo o próximo 6 de xuño, en horario de 16.00 a 18.30 no curso gratuito de “Iniciación ao retoque fotográfico con GIMP” que impartiremos no CDTIC de Santiago de Compostela:

01:11 – Descrición sobre GIMP
01:25 – Información sobre o curso de “Iniciación ao retoque fotográfico con GIMP”
02:01 – Recomendacións para os asistentes ao curso
02:39 – Inscrición no curso
03:20 – Despedida do programa

A música usada neste programa foi:
– Canción “This” do grupo Tyrad, CC BY-SA
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Efectos de son de freesound.org, CC BY-NC

Máis información sobre o curso no artigo de mancomún.

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Pin It on Pinterest

Share This