Novas

Dende o pasado mes de outubro publicáronse unha serie de artigos tecnolóxicos no portal Mancomún, adicados á ciberseguridade. Estes artigos tratan principalmente sobre 3 ferramentas de software libre (Zabbix, Ossec e SCAP).

 

SCAP (Security Content Automation Protocol) é un modelo aberto para a automatización de tarefas de seguridade, unha especificación aberta enfocada á definición e manipulación de datos de seguridade de maneira estandarizada. Publicamos unha serie de artigos sobre SCAP e OpenSCAP.

 

Relacionado coa ciberseguridade tamén publicamos un artigo falando da ENISA, que é a axencia da Unión Europea que se encarga da seguridade nas redes e da información.

 

Zabbix é unha ferramenta de monitorización de equipos, servizos e hardware de rede sobre a que se realizaron unha serie de catro artigos.

 

OSSEC é un sistema de detección de intrusión de equipos que ten como cometido o de analizar os rexistros de eventos do sistema operativo, comprobar a integridade do mesmo, auditoría do rexistro dos equipos Windows, detección de rootkits, alerta en tempo real e resposta activa. En Mancomún realizamos unha serie de catro artigos sobre OSSEC.

 

Fora do ambito da seguridade destacamos que a empresa Dell leva dez anos comercializando computadoras con Ubuntu preinstalado e acaba de lanzar outros cinco modelos máis con esta distribución por defecto.


Proxecto destacado

CiviCRM é unha solución CRM (Xestor de Relacións co Cliente do inglés Customer Relationship Management). Principalmente esta solución está enfocada ao terceiro sector, polo que as principais funcións desta solución son a xestión de actividades, eventos, comunicacións de marketing, contactos, integración económica, informes para a axuda na toma de decisións, xestión de socios e doazóns.

A maiores, CiviCRM ten a vantaxe de que é personalizable, expandible e tamén integrable con Drupal, WordPress e Joomla. Pese a ter a orientación cara este sector, unha grande parte das funcionalidades que poden ser aproveitables en calquera tipo de negocio. CiviCRM é software libre licenciado baixo GNU AGPL 3 que está dispoñible para instalar en infraestrutura propia ou tamén existen varios provedores de servizo na nube.


Ligazóns de interese

Pin It on Pinterest

Share This